sábado, 19 de noviembre de 2011

O maior descubrimento astronómico do siglo XX, ¿atribuído ao científico equivocado?

O descubrimento da expansión do Universo, asignado a Hubble, foi descrito dous anos antes polo crego belga Georges Lamaître, pero párrafos da súa teoría foron ocultados.

O maior descubrimento astronómico do siglo XX, a expansión do Universo, puido haber sido acreditado a persoa equivocada. O pai «oficial» de esta máxima científica é o famoso astrónomo estadounidense Edwin Hubble (1889-1953), pero rapidamente medrou arredor de este descubrimento unha especie de teoría da conspiración na que Hubble incluso foi acusado de plagiar o auténtico cerebro do asunto, o crego e cosmólogo belga George Lemaître (1894-1966). Incluso se chegou a afirmar que alguen censurou o artículo de Lemaître para favorecer ao norteamericano. O astrofísico Mario Livio, do Space Telescope Science Institute (Baltimore), aclarou o enredo. Según os seus resultados, que aparecen publicados na revista Nature, non existiu ningunha man negra nin unha historia de misterio, senón que foi o propio sacerdote o que se autocensurou nun xesto de humildade que sería moi raro de ver nestes tempos.

Durante casi un século, o astrónomo estadounidense Edwin P. Hubble levouse a fama de este descubrimento histórico, que cambiou o que hasta entonces se sabía de astronomía. Hubble señalou que o universo se expande uniformemente en todas as direccións, o que resolvía o dilema de Einstein de por qué o Cosmos non se había colapsado baixo a súa propia gravidade. Irónicamente, Hubble non conseguiu un Premio Nobel por este descubrimento, aínda que astrónomos de dous equipos de forma independente que encontraron evidencias da aceleración do Universo sí se levaron o de Física este ano. Polo menos, Hubble conseguiu que máis maravilloso telescopio da historia, levara o seu nome.

Hubble publicou o seu histórico traballo no que se determina a tasa de expansión do Universo en 1929. Este basase nas aparentes velocidades de recesión das galaxias, que previamente foran medidas polo astrónomo Vesto Slipher. O análisis de Hubble mostraba que canto máis lexos estaba a galaxia, máis rápido parecía estar retrocedendo. A tasa de expansión cósmica coñécese hoxe como a constante de Hubble.

Porén, dous anos antes, un crego belga e cosmólogo, Georges Lemaître, publicou conclusións moi similares e calculou unha tasa de expansión similar ao que Hubble publicaría máis adiante. Lemaître basou o seu análisis nos mesmos datos de corremento ao vermello de Slipher.

Pero o descubrimento de Lemaître pasou desapercibido porque se publicou en francés, nunha mais ben oscura revista científica belga chamada Annales de la Société Scientifique de Bruxelles (Anales da Sociedade Científica de Bruselas). A historia habería acabado ahí, salvo por que no traballo que Lemaître foi posteriormente traducido e publicado no Monthly Notices da Real Sociedad Astronómica. Pero ocorreu algo extraño. Cando se publicou en 1931, algúns dos cálculos do belga que logo pasarían a formar o que se coñecería como a Constante de Hubble, foron omitidos.



O astronómo Edwin Hubble (dta.) e o crego belga Georges Lemaître

lunes, 14 de noviembre de 2011

Descubren restos da materia prima orixinal do Universo.

Astrónomos da Universidade de California en Santa Cruz encontraron, por primera vez, restos da materia prima orixinal do Universo en nubes de gas que datan da noite dos tempos. Estas nubes conteñen remanentes absolutamente intactos do gas «limpo» que apareceu nos primeiros minutos despois do Big Bang e que nunca chegou a formar parte das estrelas. O descubrimento, que apareceu publicado na revista Science, coincide coas prediccións teóricas sobre os oríxenes dos elementos no Cosmos.

Soamente os elementos máis lixeiros, principalmente hidróxeno e helio, se crearon no Big Bang. A continuación, tiveron que pasar varios centos de millóns de anos para que grupos de este gas primordial se condensaran para formar as primeiras estrelas, momento no que os elementos máis pesados se forxaron. Ata agora, os astrónomos detectaron sempre «metais» (término para referirse a todos os elementos máis pesados que o hidrógeno e o helio) en calquera lugar que buscaran no Universo.

«Por máis que tratáramos de encontrar material limpo no Universo, non habíamos conseguido nada ata agora. Esta é a primeira vez que puidemos observar gas prístino non contaminado polos elementos máis pesados das estrelas», afirma J. Xavier Prochaska, profesor de astronomía e astrofísica na Universidade de California en Santa Cruz.

«A falta de metais dicenos que este gas está intacto», dice Michele Fumagalli, principal autora da investigación, tamén da UC Santa Cruz. «É moi emocionante, porque é a primeira evidencia que coincide plenamente coa composición do gas primordial predito pola teoría do Big Bang», añade. Porque as estrelas fusionan átomos para facer os seus elementos máis pesados, estos gases nunca se han visto involucrados na creación dunha estrela nos 2.000 millóns de anos que pasaron dende a grande explosión ata o seu descubrimento. En outras palabras, esos restos non han cambiado dende o orixen dos tempos.