martes, 6 de diciembre de 2011

Montañas e xeo subterráneo en Marte.

A sonda Mars Express da ESA, móstranos a cordilleira de Phlegra Mons, unha rexión na que as inspeccións radar indican a existencia de grandes cantidades de auga baixo a superficie. Esta reserva podería abastecer futuras misións tripuladas ao Planeta Vermello.

Phlegra Mons é unha serpenteante cordilleira de montes e crestas que se extende dende a rexión noroeste da provincia volcánica do Elysium (30ºN) ata as terras baixas do norte (50ºN). 

É probable que esta cordilleira non teña unha orixe volcánica, senón que se formou baixo a acción das forzas tectónicas que comprimiron a rexión na antigüidade. 

Estas novas imaxes, obtidas coa cámara estéreo de alta resolución que viaxa a bordo da sonda Mars Express da ESA, permiten observar a cadea montañosa de preto. En elas pódese apreciar que prácticamente todas as montañas están rodeadas por "abanos lobulares de derrubos" (LDAs, no seu acrónimo inglés- unhas estructuras redondeadas que aparecen con frecuencia entorno ás mesetas e montañas destas latitudes). 

Pénsase que este material foise xuntando ao longo dos anos, froito dos desprendementos nas ladeiras e acantilados que rodean. Morfolóxicamente, parécense moito as acumulacións de derrubos que cubren os glaciares aquí na Terra.

Este feito indica que tal vez tamén existan glaciares enterrados baixo a superficie de Marte nesta rexión.

Esta hipótesis foi respaldada polas observacións feitas polo radar que viaxa a bordo da sonda Mars Reconnaissance Orbiter da NASA. 

As observacións radar demostran que a presencia de abanos lobulares de derrubos está case sempre relacionada coa existencia de auga en estado sólido baixo a superficie, as veces a tan só 20 metros de profundidade.

Os cráteres de impacto nos alrededores de Phlegra Mons presentan marcas que indican unha recente actividade glacial na rexión. As teorías indican que as crestas do sistema montañoso formáronse cando os cráteres máis antigos se encheron de névoa. Ao longo dos anos, a névoa foise compactando ata dar lugar aos glaciares que erosionaron o fondo de estos cráteres.

No val situado no centro da imaxe pódense diferenciar os característicos surcos glaciares.

Os glaciares destas latitudes medias formáronse en diferentes épocas ao longo dos últimos centos de millóns de anos, cando o eixe polar de Marte era bastante distinto do actual, e consecuentemente, tamén das condicións climáticas na rexión. 

Todos estos indicios suxiren que podería haber grandes cantidades de auga ocultas baixo a superficie de Marte na rexións de Phlegra Mons. Se así fora, estas grandes reservas poderían abastecer de auga aos futuros astronautas que exploren o Planeta Vermello.




No hay comentarios:

Publicar un comentario