jueves, 8 de diciembre de 2011

Un eclipse total de Luna poderáse ver o 10 de decembro.

Un eclipse total de Luna poderáse ver o próximo 10 de decembro ó amencer dende a zona oeste de Estados Unidos ata Europa do Este, informou a axencia espacial estadounidense (NASA).


Os que desexen disfrutar do espectáculo terán que estar listos antes do amencer, xa que comezará sobre as 04.45 da mañá, hora do Pacífico (12.45 GMT) cando a sombra da Terra caia sobre o disco luar.

Casi duas horas máis tardes a Lúa quedará totalmente engulida nunha luz vermella, un efecto que non poderá volver a verse ata 2014 e que será visible dende o lado do Pacífico de EE.UU, a través do Océano Pacífico e Asia, e o este de Europa.

O eclipse total de Lúa prodúcese cando o Sol, a Terra e a Lúa se aliñan.

O color tomado pola Lúa, que vai dende o laranxa ata o marrón débese a que os raios solares se descompoñen ao pasar pola atmósfera terrestre, filtrando as radiacións de onda máis cortas de cor azul e permitindo o paso das de onda máis longa de cor vermella.

O encoloramento da Lúa terá distintos ciclos ao londo do eclipse, "penumbra" é a primeira etapa, cando a Lúa comeza a ocultarse tras unha leve sombra producida pola Terra.

O segundo ciclo chámase "umbra" e corresponde ao momento en que a Lúa comeza a cubrise coa sombra máis escura da Terra.
Despois comeza a fase de "totalidade", cando a Lúa está completamente cuberta pola sombra da Terra e toma un color vermello intenso.

O punto máximo do eclipse producirase cando a Lúa esté totalmente escurecida pola Terra, que se interpoñerá por completo entre o Sol e o satélite.

Dende o momento en que acaba a "totalidade", comeza o final da eclipse, cando a "umbra" deixará ver de novo a superficie luar.



No hay comentarios:

Publicar un comentario