martes, 6 de diciembre de 2011

A NASA confirma a existencia dun planeta que podería ser habitable.

Os descubrimentos científicos están conseguindo que, paso a paso, a realidade vaia aproximándose as historias de ciencia ficción con viaxes a outros planetas habitables para o ser humano e formas de vida extraterrestre. Nese límite entre a imaxinación e a realidade localízase o descubrimento que confirmou onte a NASA. Trátase do planeta Kepler-22b, no cal podería existir vida, xa que se encontra na zona de habitabilidade dunha estrela similar ao Sol. Foi grazas a misión Kepler, o laboratorio espacial que dende 2009 busca exoplanetas por toda a Vía Láctea, que se conseguiu comprobar que este planeta cumple a condición para poder ter auga en estado líquido na súa superficie: estar na "zona habitable" dunha estrela.

Da lista de 54 exoplanetas que a NASA fixo pública en febreiro de 2011, Kepler-22b é o primeiro no que se completou o estudo para ratificar a súa clasificación como planeta nunha zona habitable. Esta confirmación supón un paso máis no descubrimento de planetas nos que poderían encontrarse formas de vida extraterrestre. "Este é un gran hito na búsqueda do planeta xemelgo a Terra", reconoceu Douglas Hudgins, quen forma parte do programa Kepler.

Kepler-22b encóntrase a 600 anos luz de distancia da Terra, o seu radio é 2,4 veces maior ó do noso planeta e o astro arredor do que orbita é lixeiramente máis pequeno e máis frío que o noso Sol. Porén hai datos que aínda se descoñecen, como se a súa composición é maioritariamente líquida, gaseosa ou rocosa.

O sistema que Kepler utiliza para atopar planetas é relativamente sinxelo: analiza os cambios no brillo dunha estrela para comprobar si se deben ao cruce dun planeta frente a ela. Para verificar que esa sinal é un planeta, necesita un mínimo de tres tránsitos ou cruces e do análisis posterior dende a Terra realizado dende o telescopio espacial Spitzer. William Borucki, investigador principal da misión Kepler, reconoce que no caso do Kepler-22b a sorte sorriulles. "O primeiro tránsito foi capturado tres días despois de que Kepler estivera operativo". O seu equipo tivo que agardar ata as navidades de 2010 para que o terceiro tránsito ocorrera. Ademais de Kepler-22b, o equipo encargado de esta misión corroborou o descubrimento de outros 1.904 candidatos a convertirse en planetas, o que eleva a 2.326 o total de corpos celestes que poderían recibir esta clasificación nos próximos meses.


Este diagrama compara o noso propio sistema solar co sistema Kepler 22, donde se detectou o planeta Kepler-22b.

No hay comentarios:

Publicar un comentario